Evento: Festival do Leite

Festival do Leite
sábado, 15 setembro, 2018 - 12:00
Illa das Esculturas,
Pontevedra

Festival do Leite

Esta é a terceira edición do festival que da a coñecer a cultura do leite en Galicia

Este festival, no que acudirán diferentes grupos musicais de orixe galega, ten entrada de balde, aínda que se agradece a aportación de alimentos que serán destinados a comedores sociais e, tamén, a compra de produtos de merchandising, xa que os cartos recollidos serán levados a diferentes ONGs de axuda aos refuxiados.

Ademais dos grupos musicais, no evento estarán á disposición do público diferentes espazos infantís como grupos de teatro, de circo e maxia, para que tamén gocen os máis pequenos.

Esta é a terceira edición do festival, que nesta ocasión celébrase na cidade de Pontevedra, organizado pola marca Deleite Galego coa intención de fomentar e dar a coñecer a importancia que ten a industria do leite en Galicia.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos