Evento: Graciela Iturbide

  • Graciela Iturbide
mércores, 24 outubro, 2018 a domingo, 27 xaneiro, 2019
Fundación Barrié
, A Coruña

Graciela Iturbide

Exposición da obra da fotógrafa mexicana

A Fundación Barrié presenta na súa sede da Coruña a exposición da artista mexicana Graciela Iturbide, considerada como unha das fotógrafas máis influentes de América do Sur. A mostra, composta por 186 fotografías, propón unha viaxe transversal pola obra de Graciela Iturbide que, partindo das súas imaxes máis antigas, chega ata a súa obra máis recente. Sen atender a unha estrita orde cronolóxica, os seus proxectos máis representativos quedan ligados a aquelas temáticas que mellor definen o seu poderoso imaxinario creativo.
 
Con esta exposición, a Fundación Barrié prosegue a súa aposta pola contemporaneidade da fotografía, e continúa a súa liña de exposicións temporais dedicada a clásicos da fotografía, que permitiu amosar as imaxes de grandes fotógrafos como Paul Strand, Arnold Newman, Edward Weston, Alfred Stieglitz, Ansel Adams, Català-Roca ou do brasileiro Caio Reisewitz.

Máis eventos de tipo Exposición

Drift
Drift. Miradas cruzadas entre deseño e arte contemporáneo
4 de outubro a 30 de decembro
MAC Museo Arte Contemporánedo Fundación Naturgy
Castelao maxistral
Castelao maxistral
5 de outubro a 3 de marzo
Museo Centro Gaiás
15ª Mostra de Arte Naturgy
25 de outubro a 30 de decembro
Museo de Arte Contemporáneo (MAC)
Wanderlust Galicia-Baviera
26 de outubro a 6 de xaneiro
Museo do Pobo Galego