Evento: Storytime The Far West
Storytime The Far West
Volve a hora do conto en inglés ou StoryTime.
O StoryTime é a representación dunha historia a través de diferentes personaxes, cancións e material complementario, para asegurar que os nenos poidan gozar dun espectáculo en inglés. Nesta ocasión Kids&Us Coruña levará aos asistentes ata o lonxano Oeste co StoryTime The Far West.
O Sheriff ten un cabalo que sempre dorme. O Gran Xefe atópao e, como non sabe que é o cabalo do sheriff, lévao para a súa casa. Cando o Sheriff se decata, sae correndo a buscalo. Quen quedará co cabalo, ao final?
Nenos e nenas de 3 a 10 anos, e pais e nais.
Martes, 10 de xullo, ás 11:30 horas, na Ludoteca da Sala Infantil.
Inscrición previa no formulario de solicitude. ATENCIÓN!!!, abrimos o prazo de inscrición o xoves 5 de xullo, ás 8:30 horas