Evento: Jazz de Ría

Jazz de Ría
luns, 13 agosto, 2018 a domingo, 19 agosto, 2018
Varios espazos ,
Mugardos

Jazz de Ría

Jazz en Ferrol, en Murgados e na propia ría

Tras unha primeira edición, Ferrol e Murgados acollerán unha nova entrega do festival Jazz na Ría, con músicos galegos de jazz pero tamén con formacións chegadas doutros lugares. Miguel Lamas, Low Bay Hot Band, Simón García Quartet, Swing on Vigo ou Tina Raymond Trío serán algúns dos músicos en cartel. 

As diferentes actuacións repartiranse entre varios espazos na Ría de Ferrol. A Lancha, o tradicional medio de transporte que unía Murgados e Ferrol, é unha das protagonistas. O festival quere reivindicar o uso deste medio de transporte e será non só o medio de transporte oficial, senón tamén a escena na que actuará polo menos unha das bandas. Os outros espazos serán o Castelo de San Felipe, o Baluarte de Ferrol, o Cantón de Cora  de Murgados, a Praza Vella ferrolá e os portos das dúas localidades.

Ademais dos concertos, a programación contará cunha serie de actividades para nenos, como obradoiros especiais.  

Todas as actividades son abertas e gratuítas.

Máis eventos de tipo Concerto

Concerto
18 de xullo
Campo do Souto
Homenaxe á música latina
18 de xullo
Praza do Concello
Quitar o aire
19 de xullo
Ponte Maceira