Evento: Catastro Fest
Catastro Fest
Ferror Records e CGTH son colectivos ferroláns que suman esforzos dentro do panorama musical de Ferrolterra co obxectivo de difundir, programar e atraer novas e diversas propostas musicais.
Unha das súas accións foi a posta en marcha do Catastro Fest, que celebra a súa primeira edición este 2018. Trátase dun festival ecléctico e multidisciplinar que reúne a artistas e grupos culturais, principalmente de Ferrolterra e Galicia.
Lee Van Cleef é unha banda ferrolá de música punk, caracterizada polas súas brillantes melodías e divertidas letras. Tras anos de silencio, a banda volve pisar os escenarios nun concerto único co que renderán unha homenaxe a Pitu, guitarrista do grupo tristemente falecido.
Travesti Afgano é unha das grandes formacións do underground galego, en cuxas filas se atopa Rafa Anido.
Máis eventos de tipo Concerto