Evento: Chove, con Fátima Villamel
Chove, con Fátima Villamel
      Chove, con Fátima Villamel
Actividades para rapaces de 1 a 3 anos na biblioteca
Cando chove miudiño, o mellor son uns contiños...
Sesión de contos para bebés acompañados das súas familias da man de Fátima Villamel que nos encherá de historias, de cantos, de rimas, de risas... E se chove, deixa chover. Duración: 30 minutos
Para rapaces de 1 a 3 anos. Inscrición previa chamando ao 988 78 83 95 ou presencialmente na Sala Infantil dende o luns anterior ás 10 h.
Durante a realización da actividade a sala permanecerá pechada (aproximadamente de 12 a 13 h).
  


