Evento: Festival O Marisquiño
Festival O Marisquiño
Este ano chega o Festival O Marisquiño desde o día 10 de agosto, cunha duración de tres días. A entrada será de balde para todas as actuacións, que serán desde as 21:30 ata as 2:00.
Na praza da Estrela participarán os artista urbanos para mostrar as súas habilidades nas batallas de gallos ou no break dance.
Haberá tamén un escenario no que se pode desfrutar de diferentes propostas musicais de electrónica e rap. Ademais na zona do porto haberá outro espazo no que escoitaremos rock e punk.
Entre todos os concertos, tamén atopamos moitas actividades de lecer e deportivas nas que se pode desfrutar coa compañía de todos os asistentes ao festival. Entre elas vemos grandes premios deportivos na World Cup Skateboarding Street ou a Dirt FMB World Tour, gravadas para a retransmisión en streaming ao resto do mundo.
Máis eventos de tipo Festival