Evento: Semana dos Museos en Lugo
Semana dos Museos en Lugo
Os museos da Deputación de Lugo celebran na Semana dos Museos o Día das Letras Galegas, o Día Internacional dos Museos e a Noite dos Museos.
Nesta ocasión, o lema escollido para o Día Internacional dos Museos é Museos hiperconectados: enfoques novos, públicos novos, o que nos convida a reflexionar sobre un futuro hiperconectado entre os museos e os seus visitantes.
O programa desta semana é o seguinte:
17 de maio: Día das Letras Galegas
Este ano o Día das Letras Galegas dedícase a María Victoria Moreno, escritora estremeña de nacemento que mantivo con Galicia e co galego unha historia de amor.
A actividade consiste en crear un panel en branco, coas siluetas dos retratos de mulleres vencelladas aos museos da rede, para que cada visitante escriba unha palabra en galego.
18 de maio: Día Internacional dos Museos
Exposicións e obradoiros para todas as idades co obxectivo de divulgar o coñecemento de técnicas e a obra gráfica gravada e impresa dos fondos dos museos da rede museística.
17:00 - Inauguración da mostra Incisións
16:30 a 18:00 - Obradoiro: Iniciación ao gravado. Estampación.
18:30 a 20:00 - Obradoiro: Taller de iniciación ao gravado. Estampación en seco
19 de maio: Noite dos Museos
Un faladoiro, unha visita guiada e unha proxección para iluminar na noite dos museos as sombras que escurecen a obra das mulleres nos museos.
18:00 - Faladoiro para reflexionar sobre os discursos contradictorios e os arredor dos xéneros na arte.
19:30 - Visita guiada a escuras, a cargo de Encarna Lago e a narradora de historias Carmen Conde.
21:30 - Proxección na fachada principal do edificio do MPLugo.