Evento: A paixón de Juana de Arco
A paixón de Juana de Arco
A paixón de Juana de Arco
Cineconcerto con música da Orquesta e o Coro Gaos
A novena edición de (S8) Mostra de Cinema Periférico inaugúrase cun cinema concerto, no que se proxectará unha das obras máis emblemáticas, emocionantes e rotundas da historia do cinema: A paixón de Juana de Arco, do danés Carl Theodor Dreyer.
A proxección estará ambientada coa brillante Voices of Light, partitura do prestixioso compositor estadounidense Richard Einhorn, e será interpretada polo Coro e a Orquestra Gaos.
A película proxectada será unha versión restaurada que recupera a montaxe orixinal de Dreyer estreado en 1928.


