Evento: Ponte a Portu-Gal
Ponte a Portu-Gal
O concello de Ponteareas desenvolve do 26 ao 29 de abril a segunda edición de Ponte a Portu-Gal, que busca amosar as expresións culturais comúns que unen a Galicia e Portugal e a converten nunha zona de desenvolvemento social e cultural compartido.
Programa
Xoves 26 de abril, 20 horas, auditorio municipal: inauguración da exposición Historia dunha emigración difusa. 500 anos de emigración a Lisboa
Venres 27 de abril, 20:30 horas, Centro Cultural de Guillade: proxección do documental Galegos en Lisboa. A historia xamais contada, de Xan Leira
Sábado 28 de abril:
12 horas, centro urbano: ruada da Treboada do Baixo Miño
22 horas, auditorio municipal: concerto de Najla Shami, seguido do concerto de María do Ceo
Domingo 29 de abril:
19 horas, centro urbano: ruada do grupo folclórico Barcelinhos
20 horas, auditorio municipal: actuación do grupo folclórico Barcelinhos e Voces de Arrieiro
Máis eventos de tipo Festival
