Evento: noitiNHas MUSIC

noitiNHas MUSIC
venres, 15 xuño, 2018 - 20:00
Hotel NH Collection Santiago,
Santiago de Compostela

noitiNHas MUSIC

Concertos de música independente nunha azotea de Santiago

noitiNHas MUSIC confórmase como un novo ciclo de concertos na capital galega, que une música con gastronomía. A azotea do Hotel NH Collection Santiago ofrecerá mensualmente actuacións de balde dalgunhas das bandas máis destacadas do panorama musical independente galego, nacional e internacional. As sesións musicais completaranse coa oferta gastronómica deseñada polo Chef Nacho Martínez e o seu equipo de cociña, que crearán petiscos temáticos para degustar na azotea do establecemento ou no salón contiguo en caso de mal tempo.

Poderá accederse ao espazo previa recollida de convites na recepción do establecemento a partir das 19:30 horas. Haberá unha sesión DJ, tamén gratuíta, antes do inicio de cada actuación, ás 20 horas.

 

Programa 

20 de abril: Los Estanques

25 de maio: Papaya

15 de xuño: Mateo Kingman

22 de agosto: Candeleros

26 de setembro: Esteban & Manuel

19 de outubro: Mujeres 

Máis eventos de tipo Concerto

Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Carlos Varela
21 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
The Lemon Twigs
22 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Andrés Calamaro
25 de xuño
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro