Evento: María Victoria Moreno: paisaxes e personaxes
María Victoria Moreno: paisaxes e personaxes
mércores, 25 abril, 2018 a mércores, 9 maio, 2018
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela María Victoria Moreno: paisaxes e personaxes
Exposición
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta exposición divulgativa, comisariada polo ilustrador David Pintor, que mostra de xeito ameno e gráfico a vida e a obra da escritora María Victoria Moreno, homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano.
Pódese visitar no vestíbulo durante o horario de apertura da biblioteca.