Evento: No bico un cantar

No bico un cantar
venres, 1 xuño, 2018 - 18:00
Igrexa de San Francisco,
Betanzos

No bico un cantar

Posta en contacto os escolares de Galicia

500 nenos e nenas dos conservatorios de música profesional de Galicia cantarán alalás en Betanzos o vindeiro 1 de xuño. Esta edición non escolle poemas de ilustres figuras da literatura galega senón que presta atención a unha temática de tradición popular como son os alalás. Trátase dun tipo de canto popular que carece dunha definición estrita e que ten unha gran presenza na nosa tradición musical. Caracterízase por ser unha peza de canto libre, sen estrutura fixa que tivo moita forza na tradición galeguista como canto melancólico do serán vencellado en moitos casos á xente moza. Na escolla hai pezas populares, unha con letra de Rosalía de Castro e outra de Manuel Rivas, composta especialmente para a ocasión e con música de Teresa Bretal.

As nenas e nenos que participan na actividade pertencen aos Conservatorio Profesional de Música da Coruña, Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol, Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra, Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

Tamén participa o quinteto de metais Hércules Brass. Á dirección estará o director e pianista compostelán Maximino Zumalave.

O certame musical No bico un cantar é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, que se celebra cada primeiro venres de xuño desde o ano 2013 en diferentes concellos de Galicia. Esta actividade ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia.

 

Máis eventos de tipo Concerto

Los Straitjackets + Mad Martin Trio
18 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
O rianxeiro
19 de xuño
Pavillón Bernabé Costas
Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Danzamos no verán!!!
20 de xuño
CPI de Pontecesures