Evento: Ad Heyra Liti

  • Ad Heyra Liti
Ad Heyra Liti
sábado, 3 marzo, 2018 - 21:00
Fundación Vicente Risco,
Allariz

Ad Heyra Liti

Concerto do dúo de música que mestura tradición e modernidade

Ad Heyra Liti é o dúo formado por Aser (guitarra) e Erea (violín), dous profesores de música que axuntan, a través desta formación, imaxinación e creatividade, acadando como resultado pezas dunha gran beleza e sensibilidade.

Cun estilo que alguén definiu como "neoclassic / folk", e con influencias da música celta ou de melodías de Islandia ou Australia, fusionan a música tradicional coas influencias que reciben doutras músicas máis actuais, coa fin de rescatala, facela evolucionar e achegala a un público que podería estar menos afeito. Tamén interpretan versións de grande artistas e formacións recoñecidas, como Bela Fleck, The Chieftains, Kan, Django Reindhardt, The Bothy Band...

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Eris Mackenzie
7 de maio
Rúa do Preguntoiro, 35
Repunantas
8 de maio
Liceo de Ourense