Evento: Orquestra Sinfónica de Vigo 430. Obras de Piazzolla

Orquestra Sinfónica de Vigo 430. Obras de Piazzolla
sábado, 21 abril, 2018 - 20:30
Auditorio Municipal de Vigo,
Vigo

Orquestra Sinfónica de Vigo 430. Obras de Piazzolla

Concerto con obras do compositor e bandoneísta arxentino

A Vigo 430 nace de forma independente en 2005, co obxectivo de crear un grupo musical de calidade, formado na súa maioría por músicos dos conservatorios de Galicia. Nos seus primeiros traballos centrouse na creación do núcleo dunha orquestra de cordas, que a partir de 2010, xa co apoio do concello, será o orixe da orquestra sinfónica. Nas últimas tempadas, a programación da orquestra diversificouse en varias liñas especializadas:

– OSV430: orquestra sinfónica, eixo principal do proxecto.

– OBV430: orquestra barroca, especializada na música anterior a mediados do século XVIII e interpretada con criterios historicamente informados.

– OXV430: orquestra xove, pensada como canteira de músicos novos, co obxectivo de complementar e ampliar a súa formación orquestral.

– EV430: ensembles de música de cámara.

Nesta ocasión, a OSV430 interpretará obras do bandoneísta e compositor arxentino Astor Piazzolla, entre elas Libertango, Vuelvo al sur, Milonga del ángel u Oblivion. Ademais, será a estrea da versión para viola e orquestra do Gran Tango.

Entre os solistas que participarán na actuación están Rusanda Panfili ao violín, Dana Zemtsov coa viola e Marcelo Nisinman ao bandoneón. 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións