Evento: Tecín soia a miña tea

Tecín soia a miña tea
venres, 23 febreiro, 2018 - 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Tecín soia a miña tea

Homenaxe a Rosalía de Castro, a cargo de Ana Hermida

A biblioteca cede o espazo a Lisístrata para a realización da actividade de homenaxe a Rosalía de Castro mediante a dramatización dos seus poemas. Este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra ...O desexo e ansias súas polo teatro: "eu quería ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía ás veces divertida, outras reinvindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro, e algunha canción para honrar á nai das nosas letras. 

No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala. Dirixido a público adulto

Máis eventos de tipo Espectáculo

Moby Dick
3 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Ramona pequena vai á rúa
9 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Melisa quere traballar
10 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal