Evento: Orquestra Sinfónica de Vigo 430 – Obras de Mozart

Orquestra Sinfónica de Vigo 430 – Obras de Mozart
sábado, 24 marzo, 2018 - 20:00
Círculo das Artes,
Lugo

Orquestra Sinfónica de Vigo 430 – Obras de Mozart

A formación interpreta obras do célebre compositor austríaco

A Orquestra Sinfónica de Vigo 430 ofrece un concerto formado integramente por obras de Wolfgang Amadeus Mozart, un dos compositores máis influentes da historia da música.

Solistas: Delia Agúndez, Ana Jesús Sánchez, Diego Neira e Borja Quiza

Coro de Cámara Rías Baixas

Director e Solista: Vicent Alberola

 

Programa: 

I. Wolfgang Amadeus Mozart, Concerto para clarinete e orquestra en la maior, K. 622

II. Wolfgang Amadeus Mozart, Réquiem en re menor, K. 626

 

O Romanticismo converteu a Wolfgang Amadeus Mozart nun mito a través desta sobrecolledora obra: segundo a lenda, o músico compúxoa coa idea de que se trataba do seu propio Réquiem, encargado por un mensaxeiro da morte. Aínda que a realidade parece ser menos poética, isto non lle resta potencia expresiva nin beleza á partitura, con algunhas seccións que se contan entre as obras cumio non só da produción de Mozart, senón da música universal: o Introitus, o Kyrie, o Dies irae ou o Lacrimosa.

No último ano da súa vida, presentouse ante Mozart, que estaba xa enfermo e desfeito, un taciturno descoñecido, que lle entregou unha carta e desapareceu. Era o encargo anónimo dunha misa de réquiem, coa promesa dunha boa recompensa. O fúnebre descoñecido volveuse presentar uns días despois e pagou un anticipo, recomendando a Mozart que non descoidara a súa obra. Volveu despois, de tanto en tanto, para vixiar o progreso do traballo. Era, sinxelamente, o camareiro do conde Franz von Walsegg, rico afeccionado que tiña a debilidade de encargar obras aos grandes músicos para facelas executar despois facéndoas pasar por súas.

Pero aquelas circunstancias singulares turbaron a mente de Mozart, xa fatigada pola áspera e continua loita pola vida. Entregouse á composición do Réquiem co máximo empeño e, ao mesmo tempo, coa firme persuasión de que aquela obra habería de ser tamén o seu canto fúnebre. En efecto, non puido rematala. A obra foi completada polo seu discípulo Franz Xaver Süssmayer (1766-1803), quen, nos últimos años da vida do maestro, vivira en estreita intimidade artística con el. Non é doado determinar exactamente cal é a parte debida a Süssmayer.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións