Evento: Khitara
Khitara
Khitara
A agrupación musical que mestura acústico e eléctrico
Khitara é unha agrupación musical que consegue un son único mediante a súa particular combinación instrumental: dúas guitarras eléctricas, dúas clásicas, e instrumentos de percusión, que en conxunto conseguen unha sonoridade moi orixinal. A dozura dos instrumentos clásicos contrasta coa potencia das guitarras eléctricas, aportando así un feixe de matices.
O repertorio abarca desde temas orixinais até versións de clásicos do rock reinventados, pasando por bandas como Deep Purple, Led Zeppelin, Cream, Queen, Guns and Roses ou Metallica.
Máis eventos de tipo Concerto



