Evento: Ensemble Praeteritum

  • Ensemble Praeteritum
Ensemble Praeteritum
xoves, 3 maio, 2018 - 20:30
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

Ensemble Praeteritum

Actuación do conxunto musical de corda

Ensemble Praeteritum é un conxunto instrumental creado polo violinista Pablo Suárez Calero en 2011. 

Un dos seus principais obxectivos é a procura da novidade na maneira de afrontar a música, por medio de fortes contrastes dinámicos, improvisacións, e unha procura constante de cores no son. Interpreta as partituras creando unha beleza especial e persoal destinada puramente ao gozar do público.

En decembro de 2014, o grupo publica o seu primeiro traballo discográfico, titulado Las Cuatro Estaciones de Antonio Vivaldi versión 'senza fine'. Consiste nunha particular versión dos concertos para violín e orquestra do compositor italiano, na que cada estación e movemento están enlazados entre si con cadencias ao violín ou á tiorba, resultando unha obra sen interrupción.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto tributo 'Lembra Xabarín'
12 de abril
Auditorio Municipal de Goián
Plural Ensemble · Nieve sobre nieve
13 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Los auténticos decadentes
14 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5