Evento: Young adult: distopía, fantasía e romance
Young adult: distopía, fantasía e romance
luns, 4 decembro, 2017 a venres, 12 xaneiro, 2018
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Young adult: distopía, fantasía e romance
Mostra bibliográfica
Desde Harry Potter ata Los juegos del hambre, pasando por Divergente, cazadores de sombras ou Bajo la misma estrella, estas son novelas de moi diversas temáticas: fantasía, ciencia ficción, drama romántico... pero todas pertencen a un mesmo (e recente) xénero: o young adult.
Aínda que o termo remite á literatura para xente nova, este tipo de libros non se dirixen unicamente a eles, senón que persoas de todas as idades poden sentirse atraídas por eles.
Esta mostra pode visitarse no 2º andar da biblioteca.
Ligazóns