Evento: La historia de las telecomunicaciones como nunca la habías visto

  • 50 años COIT
La historia de las telecomunicaciones como nunca la habías visto
martes, 21 novembro, 2017 a xoves, 23 novembro, 2017
Museo de Pontevedra,
Pontevedra

La historia de las telecomunicaciones como nunca la habías visto

Unha experiencia de realidade virtual

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación está a celebrar os 50 anos de historia cunha experiencia de realidade virtual dirixida a todos os públicos.

No claustro do Edificio Sarmiento instalarase un equipo de realidade virtual que permitirá ás persoas que o visiten realizar unha viaxe a través da historia recordando algún dos feitos máis importantes logrados grazas aos traballo dos enxeñeiros de telecomunicacións.

A actividade é unha experiencia totalmente inmersiva que logra trasladar ao usuario a momentos históricos das telecomunicacións, como poden ser a sala de telégrafos do Titanic, onde se enviou o sinal de S.O.S. instantes antes do afundimento; á ficticia invasión alieníxena narrada en 1938 por Orson Welles a través da radio ou ao momento no que Armstrong pisa a Lúa en 1968 retransmitido ante máis de 500 millóns de telespectadores.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura