Evento: Aullido Atómico + Ultrasurf
Aullido Atómico + Ultrasurf
Aullido Atomico, é un trío musical de Valencia que fabrica temazos de punk and roll con melodías rockabilescas, e que veñen presentar Decadencia, o seu novo disco onde se atopan os rasgos que os definen multiplicados o máximo exponente para ser a mellor testemuña da súa identidade ata o de agora.
Ultrasurf nace a finais do ano 2014, cando Lupe, Javi e Mouro (os tres con gran percorrido na escena musical coruñesa e multitude de bandas ás súas costas) decidiron xuntarse para levar a cabo un proxecto común afastado do que fixera cada un ata entón. Un ano máis tarde gravaron, produciron e publicaron o seu primeiro traballo: Lentes de sol, un EP totalmente autogestionado. Tras realizar unha xira europea rexistraron o seu primeiro LP: Ultrasurf (2016), un disco no que envorcaron toda a esencia do garage-pop e o punk, os dous estilos que mellor os definen.