Evento: Décimo aniversario de Roger de Flor
Décimo aniversario de Roger de Flor
Logo de participar en múltiples proxectos musicais, comeza a súa andaina en solitario co nome de Roger de Flor a comezos de 2007 coa presentación da súa primeira maqueta.
Máis tarde retírase temporalmente dos directos e céntrase na composición e posterior gravación de novas creacións incluídas no disco Naturalidad Silvestre, no que se poden atopar estilos como o swing, pop, country e balada, sempre co toque persoal e humorístico que imprime nas súas cancións.
Ao longo de 2010 leva a cabo a xira de presentación do documental Roger de Flor: Naturalidad Silvestre, no que tenta dar a coñecer a situación actual de tantos artistas de locais de pequeno aforo en Galicia.
Esta xira levouno a actuar en varios festivais de cine como o Festival de Cine Internacional de Ourense e o Festival de Cans. Ademais, o traballo estivo nomeado aos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego.
Máis eventos de tipo Concerto



