Evento: Festival AMAL 2017

  • Festival AMAL 2017
Festival AMAL 2017
luns, 23 outubro, 2017 a domingo, 29 outubro, 2017
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Festival AMAL 2017

#E ti, por que loitas?

A Semana de Cine Euroárabe Amal celebra a súa décimo quinta edición, un ano máis no que este festival audiovisual continúa apostando por servir de encontro entre as culturas árabe e europea, tendendo pontes a través da linguaxe universal do cine.

AMAL ofrecerá 11 proxeccións no Teatro Principal de Santiago, entre as que se inclúen tanto cintas de ficción como documentais. No marco deste último xénero, na sesión inaugural do ciclo estrearase Nacido en Siria, na que o documentalista arxentino Hernán Zin reflexiona, a través da mirada de sete nenos, sobre a situación dos refuxiados que, fuxindo da guerra, buscan un novo futuro en Europa. O filme irá precedido dunha charla coloquio con Ghaleb Jaber Ibrahim.

Así mesmo, o festival ofrecerá a premier en España do filme palestino Wajib, de Annemarie Jacir. O título da cinta fai referencia ao termo que indica unha obriga relixiosa feita pola deidade e aborda a historia dun pai e o seu case descoñecido fillo que teñen que entregar xuntos os convites da voda da súa filla e irmá, segundo o costume palestino.

Proxectaranse tamén Fuego en el mar, Alí, la cabra e Ibrahim, Gaza Surf Club, La Haine, Clash, Letters from Baghdad, Los caballos de Dios, Headband Lullaby e Cairo Jazzman

AMAL está promovido pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas, e conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Educación.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos