Evento: VII Festival Internacional Kerouac de Poesía e Performance
VII Festival Internacional Kerouac de Poesía e Performance
A poesía e o arte sae ás rúas, aos museos e aos bares na memoria de Jack Kerouac e a Beat Generation.
p.p1 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 12.0px Helvetica} p.p2 {margin: 0.0px 0.0px 0.0px 0.0px; font: 12.0px Helvetica; min-height: 14.0px}
O festival dará comezo o mércores 18 ás 19:30 no Corte Inglés cun recital presentación do libro Latexo Beat, de Galaxia.
O xoves 19, ás 20h no Instituto Camoes continuará o festival con Yolanda Castaño e outros. Seguirá cun micro aberto ás 22h na Fiesta de los Maniquíes.
O venres 20, ás 18:30 na Rúa Londres terá lugar a inauguración do Muro dxs poetas. Ás 20h no MARCO estarán The Haiku Guys e Meraquia, entre outros. Seguirá a festa en La Fiesta de los Maniquíes a partir das 22h.
O sábado 21 haberá un obradoiro para nenos no Salón do MARCO ás 17:30; ás 18:30 no MARCO unha “conversa con verso” e ás 19h estarán Xan Solo’s e Sheri-D Wilson, entre outros. Ás 21h haberá unha flashmob na rúa do Príncipe. A partir das 22h, continúa o festival na Fiesta de los Maniquíes.
O domingo 22 rematará o festival cun vermú poético no urban market Progreso 41, ás 13h.
Entre o luns 16 e o domingo 22 haberá outras actividades como poetas nos institutos, poetry on board, unha exposición poetógrafa e o Poemóbil.
Máis eventos de tipo Festival