Evento: Os camiños de Santiago de Compostela

Os camiños de Santiago de Compostela
luns, 8 setembro, 2014 a martes, 30 setembro, 2014
Biblioteca Nodal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Os camiños de Santiago de Compostela

Organizada pola Fundación Marcel Lucas, recolle as impresións do artista durante a súa realización do Camiño de Santiago

A principios do ano 2000, Marcel Lucas descubriu a cidade de Santiago de Compostela á que voltou en varias ocasións para estudar a súa catedral. No ano 2005 comezou a temática do Camiño de Santiago e na súa obra aparecen os lugares que visitou, principalmente do Camiño Francés e especialmente Vézelay. Nos cadros que forman parte desta exposición, volven xurdir todas as sensacións que acumulou ao longo da súa vida e das súas viaxes. As formas, as cores e a composición emerxen das súas lembranzas.
Marcel Lucas está considerado como un dos mellores acuarelistas da súa xeración. Naceu en Bruxelas no ano 1927 e dende os 15 anos asistiu a clases de pintura, escultura e gravado na Escola Superior de Saint Luc. No ano 1958 foi nomeado profesor na Escola de Malonne, preto de Namur, o que lle permitiu enriquecer a súa formación artística e adicar máis tempo á súa arte. 1970 foi un ano crucial para o artista porque retomou a técnica da acuarela e dous anos máis tarde expón os seus traballos na Casa Cultural de Dinant. En 1982 expuxo en Bruxelas por primeira vez as súas catedrais que tiveron un enorme éxito e en anos posteriores traballou outras temáticas: A cidade, Os signos do Zodíaco, As vías do silencio e Homenaxe a Gaudí. Entre os anos 2005 e 2009 emprendeu o seu derradeiro tema Os camiños de Santiago de Compostela. Cando faleceu no ano 2010, deixou a súa última obra inacabada.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia