Evento: Mostra Home Sweet Home, de Rubi Lebovitch
Mostra Home Sweet Home, de Rubi Lebovitch
«Home Sweet Home», de Rubi Lebovitch, é unha colección de fotografías que ilustra a contorna doméstica mediante imaxes sinxelas caracterizadas polo misterio, a vaguidade e a incongruencia, creando unha atmosfera na que os obxectos toman un novo significado. Igual que nunha pintura surrealista, Lebovitch reinventa unha realidade imposible botando man de obxectos mundanos en espazos domésticos que se viran anómalos e sorprendentes na calma reflexiva dunha fotografía. A mostra forma parte do festival de fotografía Outono Fotográfico.
Espazos e personaxes levan o espectador ao eido familiar, mais esas estampas familiares convértense aquí en escenas cun novo significado. Os personaxes, que podemos relacionar con membros da nosa propia familia, parecen estar desconcertados nunha contorna pouco favorable, xa que a racionalidade é substituída por unha supravisión esaxerada dos espazos domésticos que sitúa o espectador ao fío do terror familiar definido por Freud, un terror que dificilmente recoñecemos, ao convivir con el a diario, mais que, como vemos nestas fotografías, esperta unha ansiedade que socava a paz e a seguridade que por norma xeral asociamos coa casa.
Rubi Lebovitch (Tel Aviv, 1974), gradououse en Arte e Fotografía na Academia Bezalel. A súa obra foi exposta en numerosas mostras individuais e colectivas en galerías e museos de todo o mundo. «Home Sweet Home» está presente en varias coleccións de museos e galerías de EUA como o Museum of Fine Arts de Houston, NewSpace Center for Photography en Portland, Rayko Photo Center de San Francisco e o Center for Fine Art Photography de Fort Collins. Ten acadado importantes premios como o Moscow International Photo Award, Center Santa Fe, Japan Art Festival e o Critical Mass top 50 de 2015.