Evento: Romaría cativa
Romaría cativa
xoves, 20 xullo, 2017 - 12:00 a 20:00
Parque de Eugenio Granell,
Santiago de Compostela Romaría cativa
Xogos, contacontos e concertos para celebrar as Festas do Apóstolo en familia
As Festas do Apóstolo volven contar coa súa exitosa Romaría cativa onde xogos, contacontos e música encherán toda unha xornada para pasala en familia.
Desta vez, múdase de localización e celebrarase á beira do Sar para aproveitar as sombras das marabillosas árbores do Parque Eugenio Granell.
Música de Mamá Cabra, Os Golfiños e Mani Faltri e Jorge Juncal xunto contacontos de Anxo Moure, Simón Pinhon e Percubebés, ademais de xogos tradicionais para gozar do día ata a noite desta programación de Artellando.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Festival
