Evento: Circompostela 2017
Circompostela 2017
Este espectáculo está englobado dentro do ciclo de Artellando nos Recunchos, das Festas do Apóstolo de 2017.
Este ano os encargados de presentar o evento son Pablo Reboleiro, un acróbata de circo coñecido en Galicia por traballar como actor, malabarista e trapecista, entre outros labores , e Aitor Garauz, que o acompañará na presentación.
Os artistas invitados son SincroNacidas, un grupo de clown, e Voltos de rosca que se ocupan de entreter aos asistentes. Doutra banda, os números aéreos realizaranos Balbás e Trasno, que son uns grandes profesionais na materia.
Tamén haberá actuacións de Break in Clan, mimos, equilibrios, malabares e moitas máis sorpresas para divertir a todo o público.
Máis eventos de tipo Espectáculo