Evento: Paper Planes (Avións de papel)
Paper Planes (Avións de papel)
luns, 26 xuño, 2017 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela Paper Planes (Avións de papel)
Ciclo de cinema australiano
"Avións de papel" é unha película estreada no 2014, dirixida por Robert Connolly. A película está protagonizada por Dylan, un neno australiano de 11 anos que vive co seu pai tras o recente falecemento da súa nai, unha perda que deixou ao pai de Dylan tan esnaquizado que non sabe como volver conectar co seu fillo.
A Dylan encántalle voar e soña con participar no Campionato Mundial de avións de papel que se celebra en Xapón de forma anual. A tenacidade de Dylan para perseguir os seus soños fará que o pequeno acabe logrando ser seleccionado para a competición.
Ligazóns


