Evento: Rosa de dous aromas

Rosa de dous aromas
sábado, 22 setembro, 2018 - 20:00
Auditorio Municipal,
Chantada

Rosa de dous aromas

Historia de dúas mulleres unidas polo engano, dirixida por Lino Braxe para Teatro Proscrito

Autor: Emilio Carballido

Dirección: Emilio Braxe

Elenco: Sabela Hermida e Isabel Blanco

Sinopse: Dúas mulleres reunidas na sala de espera dun cárcere. Esta é a escena que dá inicio a Rosa de dous aromas, que, baixo a dirección de Lino Braxe, recrea a historia de dúas estranas que comezan a relacionarse cando descobren que visitan ao mesmo home. Unha delas é a esposa. A outra a amante. Ambas as dúas teñen fillos do ausente que se encontra recluído por motivos pouco decorosos e toman unha decisión cuestionable da que non quedan claros todos os seus fundamentos: reunir o diñeiro para sacalo da cárcere.

Función teatral dentro da programación escénica de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Mulleres nas letras
17 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Xeografía do imaxinario: contos, versos e lendas de Galicia
17 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Coa pandeireta na man
18 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
C@nto contigo
24 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal