Evento: Confesión xeral
Confesión xeral
Confesión xeral é unha retrospectiva de Luis Gordillo, comisariada por Juan Antonio Álvarez Reyes, director do Centro Andaluz de Arte Contemporánea de Sevilla e Santiago Olmo, director do CGAC.
A exposición é a primeira mostra do artista sevillano en Galicia e permite realizar un percorrido polo seu traballo desde as series de debuxos de raíz informalista de finais dos anos cincuenta ata as obras fotográficas e pictóricas nas que emprega as lonas como soporte e as infografías como ferramentas.
Trátase dunha retrospectiva clásica con numerosas obras inéditas ou pouco coñecidas, especialmente debuxos, así como algunhas obras en proceso que recrean o clima do seu estudo. Confesión xeral, que puido verse no CAAC de Sevilla e, desde este mes de marzo, en Koldo Mitxelena Kulturunea en Donostia-San Sebastián, inaugurarase no CGAC en xuño de 2017 e pechará o seu ciclo presentándose o próximo outono na Alhambra e o Centro José Guerrero de Granada.
Foto: Claudio del Campo (CAAC, Sevilla, 2016-2017) -
Máis información da mostra: http://cgac.xunta.gal/GL/exposicion-detalle/70/luis_gordillo_confesion_x...