Evento: Teño unha peza

Teño unha peza
martes, 23 maio, 2017 - 19:00
Museo do Pobo Galego,
Santiago de Compostela

Teño unha peza

Presentación a cargo de Tareixa Navaza

Esta semana no Museo, unha nova convidada para "Teño unha peza". Nesta ocasión trátase de Tereixa Navaza.

No 2017 o Museo do Pobo Galego cumpre 40 anos. Con este motivo botouse a andar un novo programa “Teño unha peza” seguindo a actual campaña de promoción “Teño un Museo”, que pode verse a través dunha pantalla na entrada do Museo e noutros lugares de cidade. Deste xeito, cada mes cada mes (agás en agosto) realízanse estas charlas: unha para público en xeral e outra infantil. As intervencións son de especialistas de diferentes ámbitos que falan arredor dunha das pezas do museo.

Trátase de dar unha visión persoal, de maneira que a peza pode ser un motivo para a divagación, para falar do museo ou do seus intereses, pois non se trata dunha interpretación técnica senón dun achegamento dende a persoa e a súa área vital.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de verano USC_Relatos_da_morte
Relatos da morte no pasado: ósos, pedras, barro e tinta
26 de xuño a 27 de xuño
Museo A Domus do Mitreo
Toponimízate 2025
27 de xuño
Centro de Saúde
Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira