Evento: Músicas a carón da Mosqueira
Músicas a carón da Mosqueira
Músicas a carón da Mosqueira
Concerto de piano a catro mans de Laura Pérez Díaz e Mireia Frutos Fernández
As pianistas madrileñas Laura Pérez Díaz e Mireia Frutos Fernández, que integran George Sand Piano Dúo, ofrecen un concerto de piano a catro mans.
Esta actuación, de entrada libre e de balde ata completar aforo, como todas as actuacións programadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, encádrase no ciclo ‘Músicas a carón da Mosqueira’.
O programa que interpretará George Sand Piano Dúo na súa actuación na Casa do Saber de Lugo está estruturado en dous actos e inclúe composicións de Abraham Tena Manrique, Rachmaninov, Manuel de Falla, Camille Saint-Saëns e Johannes Brahms.
Máis eventos de tipo Concerto



