Evento: Tanxugueiras en concerto

Tanxugueiras en concerto
sábado, 29 xullo, 2017 - 22:00
Auditorio municipal,
Catoira

Tanxugueiras en concerto

Concerto de música tradicional do grupo Tanxugueiras (formato quinteto)

Tanxugeiras é un grupo de tres cantareiras ( Olaia, Sabela e Aida) procedentes da zona de Teo e do Barbanza, con sede en Couso ( A Estrada). Formado oficialmente en Xaneiro do 2016, co paso do tempo decidíronse a aumentar o grupo, creando un espectáculo xunto a Cibrán Seixo (violín) e Rubén Fernandez (acordeón), enriquecendo así a súa sonoridade.
Úneas simplemente o pracer de cantar e tocar a música da nosa terra e de recoller o herdado das nosas avoas...
O nome é procedente dun pequeno terreo de Fumaces (condello do Riós, na montaña suboriental da provincia de Ourense). Esta terra era unha das poucas fincas que estaba fóra do alcance dos lobos, pola súa proximidade as casas.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións