Evento: Mamá Cabra en Concerto

Mamá Cabra en Concerto
domingo, 17 setembro, 2017 - 19:00
Praza Maior,
O Barco de Valdeorras

Mamá Cabra en Concerto

Concerto infantil

Mamá Cabra é un grupo de música infantil que iniciou a súa andadura no ano 2000 da man de Gloria Mosquera Roel, preparando cancións para as súas clases de Educación musical. Desde ese momento leva editados 10 traballos.

Empezamos coa idea de facer un disco: CANTOS RODADOS, de dez temas que se baseaban en poemas de autores como: Antonio G. Teijeiro, Concha Blanco, Ana María Fernández... e Gloria Sánchez, claro. Pero acabamos subidos a un escenario e artellando xogos para compartir un momento de ritmo, canto, audición e sobre todo movemento musical.

Agora temos  moitos traballos publicados e moitos espectáculos nos que temos desfrutado con grandes e pequenos nos nosos directos. A marca dos nosos espectáculos é o seu carácter participativo e didáctico. Sempre hai unha canción para falar da importancia de comer de todo, de comer froitas e verduras, sempre hai algunha de bailar e sempre hai algunha de cantar. Duran sobre unha hora e van dirixidos a nenos e nenas entre 0 e 100 anos, ser nena ou neno e desfrutar da música considerámolo posible e desexable á marxe da idade.

 Os ritmos que nos chegan coas súas cancións son o rock, pop, funk... e dotan a Mamá Cabra de un especial atractivo que seduce, desde fai máis de 15 anos a miles de nenas e nenos e ás súas familias

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións