Evento: Historias da corripa: romances, viaxeiros e aparecidos

Historias da corripa: romances, viaxeiros e aparecidos
venres, 29 setembro, 2017 - 21:00
Edificio Social Toñito Espiñeira,
Carral

Historias da corripa: romances, viaxeiros e aparecidos

Contacontos con Lois Pérez

Historias da Corripa: romances, viaxeiros e aparecidos"é un lego oral e humorístico que nace ao abeiro das "corripas", que así lle chamaba a xente maior nalgunhas zonas de Galicia aos camiños abandonados ou engulidos polo progreso ou a natureza. Neste feixe de historias e contos fúndese o moderno coa tradición, o rural co urbán e a literatura culta coa chamada literatura oral. O feito de contar enfróntase dende diversos ángulos: o surrealismo, o rock, a precisión na linguaxe, a fala coloquial ou a utilización puntual de elementos do monólogo...Todo iso co fin de desaparecer da escena e abrir as portas ao coñecemento, o sorriso, pensamento e gargallada. 

Pan, postre e viño da casa.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Imaxe
Hocus Pocus
2 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Imaxe
Odiseicas: as que tecen a historia
11 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio
Auditorio Municipal Gustavo Freire