Evento: Monólogo de Isi

Monólogo de Isi
sábado, 14 setembro, 2019 - 20:30
Casa da Cultura,
Begonte

Monólogo de Isi

Espectáculo humorístico deste coñecido cómico

O instinto cómico de José Manuel Rodríguez, máis coñecido como Isi, permaneceu durante anos agochado no ámbito doméstico natal até que un bo día gañou o televisivo concurso de chistes O Rei da Comedia. Desde entón, milleiros de espectadores poden gozar na televisión ou nos escenarios da arte de Isi para convertir os momentos cotiás en memorables anécdotas coas que escachar da risa. As historias sobre a súa particular familia con tres nais e sobre os seus histriónicos veciños e o falar rápido e nervioso son a súa especialidade, sen esquecerse dos mellores chistes de sempre. Isi é habitual dos programas Luar, Land Róber e Tourilandia, ademais de presentar o seu propio programa de zapping, O sofá.

Máis eventos de tipo Espectáculo

20260414_cartel_das_nogais
Día do libro infantil e xuvenil con Pablísimo
14 de abril
Salón de actos do centro sociocultural das Nogais
Contiños na biblioteca - martes 14 de abril
14 de abril
Biblioteca Pública de Ourense
Little Stories with La Casita de Inglés
16 de abril
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Chimpo de ra
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola