Evento: O vendedor de fume
O vendedor de fume
O vendedor de fume
Espectáculo de teatro infantil da compañía Ghazafelhos
Elenco: Pepablo Patinho, Montse Piñon e Jorge Casas
Sinopse: Un vendedor de remedios chega á vila. Co seu abraiante carro cheo de frascos misteriosos convoca o publico a través da maxia e a música. Oferta remedios ás e aos presentes para mil e un males, e terá como reclamo a uns pícaros cómplices entre o público.
Un espectáculo de Cultura do Camiño cheo de maxia, humor e música en directo onde a participación do público é indispensable!
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

15 de xuño, 19:00
Auditoprio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

25 de xuño, 19:00
Exterior piscina municipal - Oroso - A Coruña

28 de xuño, 20:30
Rúas da vila - Boiro - A Coruña