Evento: Gran cuarteto da Familia Bocaprier

Gran cuarteto da Familia Bocaprier
sábado, 21 xuño, 2025 - 20:30
Rúas da vila,
Boiro

Gran cuarteto da Familia Bocaprier

Espectáculo de teatro a cargo de A Familia Bocaprier

Félix Rodríguez, Olivier Cano, Lydia Botana e Óscar Prieto forman o Gran Cuarteto da Familia Bocaprier.

Nunha pequena casa dunha remota vila dun país descoñecido vive a Familia Bocaprier: unha longa estirpe de músicos de dubidoso prestixio internacional criada entre todo tipo de instrumentos.

O Gran Cuarteto da Familia Bocaprier chega á súa vila para amenizar as rúas co seu espectáculo itinerante cargado, non só coa mellor música, se non con todo o aprendido durante anos e anos de estudio... con outras familias. Un combinado de balkan, ska, rumba, coreografías, cantos tribais e triviais. Nada se lle resiste a este cuarteto de artistas multidisciplinares pouco disciplinados nesta aventura musical a base de ritmo, enerxía, interacción co público e moito humor.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Tavole
14 de xuño, 20:30
O Cantón da Leña - A Pobra do Caramiñal - A Coruña
Tavole
20 de xuño, 20:30
Praza da Constitución - Betanzos - A Coruña
Tavole
13 de xullo, 22:00
Praza do Concello - Ribeira - A Coruña
Tavole
20 de xullo, 19:30
Aparcadoiro piscinas municipais - Castroverde - Lugo