Evento: Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda
Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda
Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda
Entroido 2017
O Fulión celébrase o martes de Entroido. A festa comeza coa reunión dos Fulións de todas as parroquias do municipio, ao son dos bombos, tambores, cencerros e apeiros de labranza. O fulión acaba sempre cun xantar popular a base de produtos da matanza: chourizos, rabo, lacón...
A figura tradicional do Entroido de Manzaneda é a Mázcara, personaxe espectacular pola elegancia e colorido, que porta sobre a cabeza un característico gorro engarzado con cintas de cores e que bailan danzas arcaicas a un ritmo acompasado e ininterrompido.
Ligazóns