Evento: Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura
Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura
Organizada polo Consello da Cultura galega, coa colaboración de Afundación e Abanca, a exposición constrúe un relato histórico do país a través da selección e da relación de cen pezas procedentes de institucións, empresas e coleccionistas de Galicia e do exterior.
Neste proxecto, inspirado nunha exitosa mostra do British Museum e o goberno irlandés, poderase atopar o Foro do Burgo de Caldelas, unha das primeiras manifestacións en lingua galega, a bandeira do Consello de Galiza ou o teodolito de Domingo Fontán.
Comisariada por Manuel Gago, contou cun Consello asesor de destacados especialistas encabezado por Ramón Villares e coa participación de Carlota Álvarez Basso, José Miguel Andrade Cernadas, Fernando Bouza, Felipe Criado Boado, Guillermo Escrigas, Lourenzo Fernández Prieto, Pegerto Saavedra e Dolores Saavedra.