Evento: Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura

  • Cartel da exposición
Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura
martes, 24 xaneiro, 2017 a sábado, 25 marzo, 2017
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura

A cultura galega contada en obxectos

Organizada polo Consello da Cultura galega, coa colaboración de Afundación e Abanca, a exposición constrúe un relato histórico do país a través da selección e da relación de cen pezas procedentes de institucións, empresas e coleccionistas de Galicia e do exterior. 

Neste proxecto, inspirado nunha exitosa mostra do British Museum e o goberno irlandés, poderase atopar o Foro do Burgo de Caldelas, unha das primeiras manifestacións en lingua galega, a bandeira do Consello de Galiza ou o teodolito de Domingo Fontán.

Comisariada por Manuel Gago, contou cun Consello asesor de destacados especialistas encabezado por Ramón Villares e coa participación de Carlota Álvarez Basso, José Miguel Andrade Cernadas, Fernando Bouza, Felipe Criado Boado, Guillermo Escrigas, Lourenzo Fernández Prieto, Pegerto Saavedra e Dolores Saavedra.

Máis información

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia