Evento: Prexton e Jesús Suárez

Prexton e Jesús Suárez
xoves, 19 xaneiro, 2017 - 21:00
Teatro Colón,
A Coruña

Prexton e Jesús Suárez

Concerto destas dúas forzas musicais

Prexton é un novo guitarrista e cantautor que vive dacabalo entre Cáceres e Galicia. Despois de pasar por bandas de diferentes estilos como o folk, o hip-hop ou o ska, en 2013 decide emprender a súa carreira en solitario con total liberdade creativa. Nesta nova etapa, orientada ao folk de autor con raíces americanas, gaña a Batalla de Bandas da Universidade de Salamanca, obtén o Segundo Premio no Santiautor 2015 e proclámase Finalista do Certame MúsicaXove 2015. En febreiro de 2016, Prexton ficha por Moucho Records e actualmente atópase inmerso na gravación do que será o seu primeiro álbum de estudo e que verá a luz en outubro de 2016.

Mar de fondo é o primeiro proxecto do galego Jesús Suárez. A pesar de que el é quen leva a voz cantante ?literalmente-, conta co apoio dunha banda en directo formada por Miguel Thomas (guitarra), , Iago Branco (batería, percusión e coros), Daniel G. Artes (Teclados), , Alex Rapitis (Baixo) e Ivan Mosquera (Guitarra).

 

Tal e como reza unha emotiva dedicatoria nunha das cubertas interiores do seu primeiro traballo, este proxecto xorde dun soño que se asomou ao universo deste galego. Pero, como dicía Calderón da Barca, ?a vida é soño e os soños, soños son?. Isto quere dicir que os soños seguen sendo soños a menos que decidas aferrarche a eles, atrapalos e levalos a cabo? E Jesús Suárez decidiu agarrarse ao seu con moita forza. O resultado: a xestación de Mar de Fondo, a súa primeira aproximación ao panorama musical, co cal quere alagarnos a todos cunha marea de sons e sensacións coas cales nos podemos sentir identificados.

 

Influenciados por bandas tan coñecidas do panorama nacional como Barricada, Marea, Heroes do Silencio ou Extremoduro, tentan impregnar de aire fresco o panorama do rock nacional con historias cotiás e do noso día a día, que seguramente nalgún momento acompañáronnos na nosa viaxe vital.

 

Excelentes arranxos e bases musicais, así como unhas poderosas guitarras e  a voz desgarradora de Jesús non che deixasen indiferente tentando mimetizar  a forza dos océanos coa enerxía do rock.

 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións