Evento: Estado de graza
Estado de graza
venres, 17 febreiro, 2017 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela Estado de graza
No tardofranquismo catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo
Teatro do Noroeste
Luma Gómez
Imma António
Manuela Varela
Mimi True
SINOPSE:
Estado de graza: Epifanía da mala filla.
A difícil relación entre unha filla que ansía a liberdade e unha nai dominada polas crenzas relixiosas máis profundas. O duro enfrontamento entre unha xeración dominada pola beatería máis contumaz e a seguinte coa liberdade por bandeira. Cando a relixión impera en todos os comportamentos humanos, resulta case imposible liberarse dese xugo. No tardo - franquismo, seguramente o momento histórico en que dúas xeracións consecutivas estiveron máis distantes ideoloxicamente, catro mulleres loitan por establecer o seu lugar no mundo.
Espectáculo dentro da Rede galega de teatros e auditorios.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

13 de setembro, 20:30
Praza Maior - O Carballiño - Ourense

19 de setembro, 20:00
Teatro de Beneficencia - Ortigueira - A Coruña