Evento: Esas cousas marabillosas

Esas cousas marabillosas
venres, 19 setembro, 2025 - 20:00
Teatro de Beneficencia,
Ortigueira

Esas cousas marabillosas

Espectáculo de teatro a cargo de Empatía Teatro

Esas cousas marabillosas comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cunha "cousa marabillosa" na man.

É unha peza participativa, tenra, emocionante e divertida. É unha comedia que fala sobre a saúde mental, a depresión e o suicidio. É unha obra que pode cambiarche a vida…e para ben.

Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando… mamá está no hospital:

«Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”.

Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que vale a pena vivir.

1. Os xeados. 2. As guerras de auga. 3. O primeiro baño do verán. 4. A cor azul. 5. As roupa a cadros. 6. Unha montaña rusa.

Deixa a lista na almofada de mamá co título “Esas cousas marabillosas”…Mamá leuna, sábese porque corrixiu a ortografía.

www.esascousasmarabillosas.com

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Charlatán Rodríguez
26 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Deixar
2 de setembro, 19:30
Praza do Concello - Boiro - A Coruña
Errantes
6 de setembro, 22:30
Rúa de San Mauro - Negreira - A Coruña
Xabier Díaz. Axúdame a sentir
13 de setembro, 20:30
Praza Maior - O Carballiño - Ourense