Evento: A alquimista

A alquimista
domingo, 15 novembro, 2026 - 17:00
Auditorio Municipal Hernán Naval,
Ribadeo

Flora, ou máis coñecida como a “alquimista”, foi unha aprendiz do famoso Mago Merlín. A miúdo lembra aqueles tempos de liberdade en Miranda ao carón de seu irmán Dauro e a gatiña Simona. Tiveron que fuxir daquelas terras porque moitos consideraban a Dauro “diferente”: el só se comunica co seu saxo, a través da música. Tras unha longa viaxe e moi ao pesar do Mago Merlín, deciden partir para refuxiarse na Vila de Mánduas, nun acubillo cabo da Ponte da Pena. Ela coida de seu irmán con moito agarimo e dedicación. Nun afán por mellorar a súa vida experimenta con apócemas e herbas e sen ela sabelo moitas destas descubertas serán empregadas na medicina actual. Levan anos sen que ninguén coñeza o seu paradoiro...mais un bo día alguén está a piques de atopalos...

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Maruxiña
Maruxiña
8 de novembro, 12:00
Sala Bahía - Foz - Lugo
Nube nube sol
8 de novembro, 17:30
Auditorio da Casa da Cultura - Outes - A Coruña
¡Que brisa, la risa!
8 de novembro, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
o_libro_da_selva
O libro da selva. O musical
8 de novembro, 18:00
Auditorio Pazo da Cultura - Pontevedra - Pontevedra