Evento: DIQUE

DIQUE
xoves, 11 setembro, 2025 - 21:00
Teatro Principal,
Ourense

DIQUE

Espectáculo a cargo de Nova Galega de Danza

Poucas persoas saben que a obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX en España foi escavada por mulleres. Entre 1874 e 1879, foi executada a construción do Dique da Campá de Ferrol. Alí, un total de 200 mulleres retiraron 245.000 metros cúbicos de terra e pedras que transportaron en 58.000 cestos cada unha sobre as súas cabezas. Eran ''as estibadoras''. E, polo mesmo traballo, cobraban menos que os homes.

No 150 aniversario do inicio da construción, Nova Galega de Danza convidou á directora de escena Marta Pazos para realizar a súa homenaxe a aquela xesta. Dique pon en diálogo a danza contemporánea e a danza tradicional galega nunha conversación que reflicte a conexión entre o pasado e o presente.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os Bolechas e o gran reto
26 de agosto
Praza da Igrexa
Os Bolechas e o gran reto
27 de agosto
Parque do Coto
Os Bolechas e o gran reto
30 de agosto
Praza da Constitución
Costureiriña bonita, de Cris Collazo
31 de agosto
Praza do Concello