Evento: NASDROVIA: Illa/Ollo
NASDROVIA: Illa/Ollo
Sinopse: O mariñeiro Ulises sofre durante o seu dificultoso regreso da guerra de Troia un decisivo naufraxio que o leva ata a cova do ciclope Polifemo, un malvado xigante dun só ollo que come todos os mariños do rei de Ítaca. Ulises refúxiase nun recuncho do antro do monstro protexido por Sileno, o rei dos sátiros, que vive dende hai tempo escravizado polo ciclope.
O conflito entre os dous personaxes está servido: Ulises pensa en escapar da cova para volver a Ítaca, onde o agardan a súa muller Penélope e o seu fillo Telémaco; Sileno está ben como está e non ve necesario saír dunha illa na que Polifemo lle dá todo o que necesita a cambio de servilo. Mais os dous personaxes poden chegar a un acordo para que Ulises poida escapar sen a necesidade de matar a Polifemo: cegar o seu único ollo cunha estaca ardente.
Está Ulises seguro de que quere poñer fin ás súas aventuras? E como comprender a actitude conformista de Sileno?
Ficha artística
Elenco: Gustavo Fouce e Simón Piñón
Escenografía e vestiario: Nasdrovia
Iluminación: Monroi Vipont coa colaboración de Coti & Javier Quintana
Idade recomendada: a partir de 13 anos



