Evento: Obra para piano de Juan Montes

Obra para piano de Juan Montes
xoves, 15 decembro, 2016 - 20:00
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Obra para piano de Juan Montes

Charla-concerto ao redor das composicións dun dos máximos expoñentes do Rexurdimento musical galego

Concerto-presentación, a cargo do pianista Javier Otero Neira do volume de Obras para piano (I). Juan Montes. Edición crítica de Joám Trillo coa introdución de Carlos Villanueva. Ambos os dous estarán na presentación.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a editorial Dos Acordes presentan esta edición do primeiro volume das Obras para piano, de Juan Montes Capón (1840-1899), un dos máximos expoñentes, xunto a Marcial del Adalid e Pascual Veiga, do Rexurdimento musical galego.

A obra de Montes, máis popularizada polas súas baladas sobre poemas galegos (como Negra Sombra, Docesono ou As lixeiras anduriñas), inclúe un importante volume de composicións relixiosas, corais, orquestrais e pianísticas aínda escasamente coñecidas mesmo entre o público galego.

Este volume de partituras –coidadosamente preparado por Joám Trillo e completado cun estudo introdutorio do profesor Carlos Villanueva– pretende contribuír á difusión da obra para piano e harmonio deste compositor lugués, maioritariamente aires bailables característicos do seu tempo,co obxectivo de facilitar a súa incorporación aos repertorios dos intérpretes actuais e de promover un maior coñecemento do patrimonio histórico musical de Galicia.

Entrada de balde.

 

 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
pablopablo
9 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Marcin Dylla en Santiago 10/04/26
Concerto de Marcin Dylla
10 de abril
Conservatorio Profesional Santiago
(EN)FOCO #3: Rapsodias africanas
10 de abril
Avenida do Burgo das Nacións